Os países escandinavos lideran a emancipación xuvenil en Europa | Observatorio de Vivenda

Os países escandinavos lideran a emancipación xuvenil en Europa

Os países escandinavos lideran a emancipación xuvenil en Europa

Eurostat publicou os datos sobre a emancipación xuvenil en Europa onde se aprecia unha gran diferencia entre os paises escandinavos e os do sur. A mocidade de entre 25 e 34 anos que aínda reside cos pais non supera o 6% en Dinamarca (4,0 %), Finlandia (4,6 %)  Suecia (4,8%) e Noruega (5,5%) o que contrasta cos datos de Italia (53,7%), Portugal (56,4%) ou Grecia (60,7%) aínda que os datos máis altos corresponden a Serbia (65,1%) Croacia (64,1%), Albania (63%) e Macedonia do Norte (64,9%).

España, sempre segundo o ofrecido por Eurostat, está por baixo do 50% (46%) pero moi por riba dos datos de Paises Baixos (11%) Alemaña (12,2%), Francia (15,3%) ou Reino Unido (16,2%).

Fonte.- Idealista