Os pequenos propietarios poderán subir os aluguiros ata un máximo dun 10% en zonas tensionadas se se fan contratos de dez anos | Observatorio de Vivenda

Os pequenos propietarios poderán subir os aluguiros ata un máximo dun 10% en zonas tensionadas se se fan contratos de dez anos

Os pequenos propietarios poderán subir os aluguiros ata un máximo dun 10% en zonas tensionadas se se fan contratos de dez anos

Este martes a nova Lei de Vivenda verá a luz co obxectivo prioritario de revitalizar a oferta de alugueiro asequible mediante incentivos fiscais e control de prezos nas zonas onde os prezos subiron de forma exponencial nos últimos anos.

Nesta nova lexislación, contémplase un forte control dos prezos nas zonas tensionadas (aquela onde o gasto medio dos fogares en vivenda, incluíndo os subministros, supere o 30 % dos seus ingresos medios), a través de distintas medidas como a limitación dos novos contratos á renda do anterior ou a obriga de baixar a renda en determinados casos aos grandes tenedores.

Con todo, unha das novidades que inclúe o documento é que existirán excepcións a ese control de prezos. En concreto, a lei permitirá subir os alugueiros ata un máximo do 10 % en zonas tensionadas se se cumpren algúns requisitos como que o propietario realizase nos dous anos anteriores á firma do novo contrato unha obra de mellora de accesibilidade ou que permita un aforro enerxético, demostrable, de polo menos o 30 % ou no caso de que se faga un novo contrato por un prazo de polo menos dez anos.

Fonte | La Voz de Galicia