Os permisos para construir casas esquivan a Covid e crecen un 8% ata setembro en Galicia | Observatorio de Vivenda

Os permisos para construir casas esquivan a Covid e crecen un 8% ata setembro en Galicia

Os permisos para construir casas esquivan a Covid e crecen un 8% ata setembro en Galicia

A crise provocada polo Covid afectou a todos os sectores, aínda que a algúns en menor proporción que a outros, e con diferente signo segundo as comunidades. Este é o caso dos visados para construir vivendas novas, que nos nove primeiros meses do ano reputaron en Galicia un 8%. A causa destes bos datos, mellores que a nivel nacional, hai que buscala no incremento dos permisos que se outorgaron para construir vivendas unifamiliares durante o verán.

O número de casas de obra nova visadas aumentou un 8,3% en Galicia con 226 inmobles máis ao pasar dos 2.709 de xaneiro a setembro de 2019 ás 2.935 do mesmo período deste ano, segundo os datos do Barómetro Arquitectura e Edificación do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (Cscae).

A nivel nacional, a crise sanitaria devolveu á construcción española ás cifras de permisos do ano 2016: a superficie visada en proxectos de execución de obra nova acumula unha caída do 21% entre xaneiro e setembro (3,5 millóns de metros cadrados menos).

En número de inmobles, o impacto da pandemia tradúcese en 11.046 vivendas visadas menos que no mesmo períoso do ano pasado, cando se alcanzaron as 78.835. O informe do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España tamén constata unha merma da superficie rehabilitada residencial do 7,6% que alcanza o 38% no caso da superficie rehabilitada non residencial.

Fonte | La Opinión Coruña