Os pisos alugados disparáronse un 35 % en Galicia nunha década segundo Fegein | Observatorio de Vivenda

Os pisos alugados disparáronse un 35 % en Galicia nunha década segundo Fegein

Os pisos alugados disparáronse un 35 % en Galicia nunha década segundo Fegein

Ao peche do 2020, un total de 172.000 fogares en Galicia optaran polo alugueiro, o que supón 60.755 máis que dez anos antes, é dicir, un incremento superior ao 35 %, segundo os últimos datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein).

O auxe do arrendamento nos últimos anos viuse impulsado por factores como a ausencia de emprego estable ou non ter acceso a financiamento para acceder a unha vivenda en propiedade, motivos que a crise actual está a agudizar, xunto cos novos hábitos de consumo das xeracións máis novas. 

Ademais, o estudo mostra que na Coruña o 29 % dos fogares son en arrendamento, seguida de preto por Vigo (28,5 %), mentres que Ourense, Santiago, Lugo e Ferrol oscilan entre o 24,5 % e o 20 %. Só Pontevedra ten unha porcentaxe menor (16 %).

Fonte | La Voz de Galicia