Os pisos de 90m2 suman o 60% das reformas levadas a cabo en 2021 | Observatorio de Vivenda

Os pisos de 90m2 suman o 60% das reformas levadas a cabo en 2021

Os pisos de 90m2 suman o 60% das reformas levadas a cabo en 2021

No ano 2021 o 61% das reformas levadas a cabo fixéronse en pisos, mentres que o outro 38% aplicáronse noutro tipo de casas como adosados, vivendas aisladas ou unifamiliares. Segundo os datos de habitissimo, o 54% das reformas leváronse a cabo en vivendas de menos de 90m2, mentres que o 46% fixéronse en pisos cunha superficie superior aos 90 m2.

Estos primeiros datos amosan o perfil actual do parque de vivenda en España, e é que segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), o 57% dos pisos teñen menos de 90m2. Máis existen grandes diferenzas entre as distintas comunidades autónomas. Rexións como La Rioja, Melilla e País Vasco presentan un parque inmobiliario de baixas dimensións, tanto é que o 90% das vivendas teñen unha superficie media menor de 90m2. No caso posto, atopamos comunidades como Andalucía onde só o 46% do parque inmobiliario ten unha superficie media inferior aos 90m2.

En canto o réxime de propiedade, de tódalas reformas levadas a cabo no 2021, o 93% eran vivendas en propiedade e so un 7% eran vivendas en alugueiro.

Ademáis, de todas as vivendas que executaron algun tipo de reforma, o 36% construíronse entre 1977 e 1990, un 21% foron construidas entre 1991 e 2005, un 19 % entre 1957 e 1976, un 15% entre 2006 e 2011 e finalmente un 9% foron construidas antes de 1956. 

 

Fonte | El Economista