Os pisos de segunda man en Galicia custan un 15% menos que a media do país | Observatorio de Vivenda

Os pisos de segunda man en Galicia custan un 15% menos que a media do país

Os pisos de segunda man en Galicia custan un 15% menos que a media do país

No mes de abril, os prezos dos pisos de segunda man caeron en Galicia un 0,5%, a mesma porcentaxe que no conxunto do país, aínda que no primeiro cuadrimestre do ano experimentaron un crecemento de case o 2%. Na actualidade, o custo deste tipo de inmobles na comunidade galega sitúase nos 1.609 euros o metro cadrado, un 15% por baixo da tarifa media nacional (1.888 euros), segundo datos do portal Fotocasa.

No conxunto do país, en abril experimentaron un descenso dos prezos un total de 15 comunidades. Galicia colócase á cola, empatada con País Vasco, xunto con Asturias (-0,2%) e Madrid (-0,02%). Onde máis caeron os prezos de pisos de segunda man: Murcia (-2,5%), Canarias (-2,3%) e Castela-A Mancha (-2,2%). No extremo oposto, Cataluña e Castela e León, os únicos territorios que experimentaron unha alza (en ambos os casos un 0,3%).

Fonte | La Opinión Coruña