Os pisos que a Sareb venderá en Lalín contan cunhas 150 persoas interesadas | Observatorio de Vivenda

Os pisos que a Sareb venderá en Lalín contan cunhas 150 persoas interesadas

Os pisos que a Sareb venderá en Lalín contan cunhas 150 persoas interesadas

A Sareb, unha entidade creada polo Estado para desfacerse da bolsa de vivendas que deixou a crise, comercializa unha quincena do total de 19 pisos que ten na edificación da rúa Joaquín Loriga de Lalín. Os fogares que se comercializan teñen uns prezos de entre 78.000 e 159.000 euros en función do seu tamaño. Así, hai vivendas de entre un e catro dormitorios, que contan cunha superficie construída que vai desde os 55 até os 260 metros cadrados.

Fuente.- Faro de Vigo