Os pisos turísticos logran un 82% de ocupación na segunda metade do mes de agosto en Galicia | Observatorio de Vivenda

Os pisos turísticos logran un 82% de ocupación na segunda metade do mes de agosto en Galicia

Os pisos turísticos logran un 82% de ocupación na segunda metade do mes de agosto en Galicia

As vivendas de uso turístico rexistraron na segunda quincena de agosto porcentaxes de ocupación similares aos do verán pasado, en torno ao 82%, e lixeramente inferior ao dato da primeira metade do mes, no que este tipo de aloxamentos colgou o cartel de completo.

Os municipios de Pontevedra son os que rexistraron mellores datos, concretamente as localidades das Rías Baixas como Sanxenxo, Illa de Arousa, A Guarda, Bueu, Cangas ou Baiona, as cales lograron unha ocupación do 81% durante os últimos 15 días de agosto e incluso nalgunhas delas colgouse o cartel de completo. 

A Coruña foi a segunda provincia galega coa maior porcentaxe de ocupación en vivendas de uso turístico durante a segunda quincena de agosto, con un balance de ocupación do 81%, mentres que a provincia de Lugo mantivo unha ocupación do 75% e Ourense mantivo unha porcentaxe de cerca do 79%.

Fonte | Faro de Vigo