Os pisos turísticos superan xa os 500 en Vigo e seguen á alza | Observatorio de Vivenda

Os pisos turísticos superan xa os 500 en Vigo e seguen á alza

Os pisos turísticos superan xa os 500 en Vigo e seguen á alza

As Vivendas de Uso Turístico xa superaron as 500 en Vigo. En concreto son 526 as que están incluidas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) na cidade a mes de novembro de 2020, o que supón un 14% de incremento dende maio e un 48% máis dende decembro, cun total de 1.058 habitacións e 2.037 prazas, que se duplicaron no último ano.

A provincia de Pontevedra lidera este tipo de oferta de aloxamento de alugueiro con 5.702, que son un 13% máis que dende o inicio do verán. Ofertan un total de 29.938 prazas sendo Sanxenxo o municipio galego con máis vivendas turísticas, cun total de 1.962.

Este ano as prazas en vivendas de uso turístico superaron ás prazas de hoteles na provincia, que son 26.642, tamén a nivel Galicia onde os 11.995 pisos rexistrados como de uso turístico contan con 63.814 prazas, fronte ás 56.693 dos hoteis, segundo os datos da Xunta a mes de novembro. O crecemento na comunidade dende maio está nunha media do 12%.

Fonte | Atlántico