Os portais inmobiliarios mostran un aumento da oferta de alugueiro residencial debido ao cambio de réxime dos pisos turísticos | Observatorio de Vivenda

Os portais inmobiliarios mostran un aumento da oferta de alugueiro residencial debido ao cambio de réxime dos pisos turísticos

Os portais inmobiliarios mostran un aumento da oferta de alugueiro residencial debido ao cambio de réxime dos pisos turísticos

Algúns dos máis de 200.000 pisos turísticos que hai en España múdanse ao réxime de alugueiro residencial co obxectivo de sacar rentabilidade aos inmobles ante unha tempada de turismo con moita incertidumbre. Son datos detectados polos portais inmobiliarios, que cuantifican o incremento de ata case unha quinta parte do total de anuncios. 

Nas once primeiras semanas do Estado de Alarma, do 16 de marzo ao 31 de maio, o portal Fotocasa viu aumentar os seus anuncios de alugueiros un 19 %. En Andalucía o aumento disparábase ata o 99 % e en comunidades como Extremadura, Navarra e Murcia superaba o 60 %. Moitos de estes pisos ofrécense por tempadas curtas e volverán ao mercado turístico cando se reactive a actividade. A web Pisos.com ten unha pequena sección de vivendas vacacionais e en abril un 11 % deses anuncios pasáronse ao alugueiro convencional. En maio, o porcentaxe creceu ao 16,5 %. 

Isto ten un impacto positivo na oferta residencial de alugueiro, no que o principal problema é a descompensación coa demanda. 

 

Fonte | El País