Os potenciais inquilinos en Vigo adiantan un pago como reserva debido á escasa oferta de vivendas de alugueiro na cidade | Observatorio de Vivenda

Os potenciais inquilinos en Vigo adiantan un pago como reserva debido á escasa oferta de vivendas de alugueiro na cidade

Os potenciais inquilinos en Vigo adiantan un pago como reserva debido á escasa oferta de vivendas de alugueiro na cidade

A oferta de vivendas de alugueiro en Vigo é moi reducida con anuncios que desaparecen ás poucas horas de ser publicados porque xa atoparon un inquilino. O 29 de agosto, sen ir máis lonxe, só había publicados 458 inmobles dispoñibles para rentar na cidade olívica. Cando aparece unha nova oferta nun portal inmobiliario, esta ponse en contacto con potenciais interesados da súa axenda, o que ocorre desde hai pouco é que os potenciais arrendatarios entregan un diñeiro ao propietario ou á inmobiliaria a modo de reserva para garantir que non quedan sen a vivenda e que non lla ofrezan a outro. 

Isto converteuse nunha práctica habitual, pola cal no caso de alugar a vivenda a outro, o propietario terá que devolverlle o diñeiro da reserva e algo máis en concepto de danos e prexuízos. Ademais, desgraciadamente, hai ocasións en que os inquilinos están a sufrir abusos por parte dalgunhas inmobiliarias que lles obrigan a pagar a reserva con motivo de que "hai moitas persoas esperando e dispostas a pagar".

Fonte.- Faro de Vigo