Os préstamos hipotecarios sobre vivendas en España aumentaron un 13,5 % interanual segundo os datos do INE | Observatorio de Vivenda

Os préstamos hipotecarios sobre vivendas en España aumentaron un 13,5 % interanual segundo os datos do INE

Os préstamos hipotecarios sobre vivendas en España aumentaron un 13,5 % interanual segundo os datos do INE

As hipotecas sobre vivendas aumentaron no mes de outubro en España un 13,5% interanual, firmáronse no país 41.000 , onde o valor medio aumentou un 8,4% sendo 149.730 euros (cun total de capital prestado de 6.142,2 millóns e un crecemento do 23% con respecto ao ano pasado) segundo os datos recollidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

As comunidades que presentaron un maior número de firmas de préstamos hipotecarios foron Andalucía (8.116), Madrid (7.984) e Cataluña (6.692) sendo tamén onde máis capital se prestou (Madrid ,1.762,8 millóns de euros, Cataluña ,1.121,2 e Andalucía 1.010,4. En canto a crecemento interanual, onde máis aumentaros as hipotecas foi en  Canarias (+46,3%), Aragón (+38,3%) e País Vasco (+33,2%).

Fonte.- Europa Press