Os prezos altos e a mobilidade laboral, os grandes freos da mocidade para comprar unha casa | Observatorio de Vivenda

Os prezos altos e a mobilidade laboral, os grandes freos da mocidade para comprar unha casa

Os prezos altos e a mobilidade laboral, os grandes freos da mocidade para comprar unha casa

Segundo o Observatorio da vivenda de Vía Célere, en España, un 31% das persoas menores de 34 anos afirma contar cunha vivenda en propiedade fronte a porcentaxe superior ao 50% de propietarios de maior idade. As principais razóns que destaca a enquisa para non poder optar a unha casa propia son os actuais prezos dos inmobles, así como o incremento da mobilidade laboral ou a incapacidade para lograr financiación.

Entre preferir vivir de alugueiro ou nunha casa en propiedade, en España síguese mantendo a preferencia pola vivenda propia, aínda que para a mocidade sexa máis complicado: como se confirma cos datos oficiais de Eurostat, España supera a media europea, con ata un 76,2% de propietarios fronte a un 23,8% de inquilinos, sendo a proporción de propietarios menores de 34 anos moi baixa.

Así o 56% dos participantes na enquisa afirma que a principal razón é a imposibilidade de facer fronte o prezo de compra, mentres que o 38% afirma qeu o principal inpedimento é a inseguridade laboral e a posibilidade de ter que mudarse nos próximos anos.

Fonte | Idealista