Os prezos da vivenda aumentan un 8% en Reino Unido, pero a oferta mantense estable | Observatorio de Vivenda

Os prezos da vivenda aumentan un 8% en Reino Unido, pero a oferta mantense estable

Os prezos da vivenda aumentan un 8% en Reino Unido, pero a oferta mantense estable

Segundo un estudo empírico realizado pola London School Of Economics, a introdución dunha versión de axudas para adquirir unha vivenda a través de préstamos, conduciu a un incremento significativo dos prezos para as novas vivendas da contorna do 8% xunto con a conclusión de que a oferta de vivenda no mercado non aumentou. 

Foi no ano 2013 cando dende o goberno británico púxose en marcha o programa Help to Buy (HtB) para axudar aos fogares de rendas máis baixas a adquirir un inmoble a través de préstamos. Esas liñas de crédito ascendían ata o 20% do valor da vivenda, ou o 40% no caso de Londres para inmobles de ata 600.000 libras (uns 705.700 euros). Dese xeito, pretendíase que os compradores só tivesen que depositar un 5% do custo total como entrada. Non obstante, os investigadores aseguran que nin as persoas novas nin os fogares de menos renda viron aliviada a súa situación nas zonas máis prohibitivas do país, mentres que foron os propietarios de terreos con oferta limitada os que máis se beneficiarion da medida. 

O programa Help to Buy estivo activo ata decembro do 2019, e permitiu financiar, segundo datos do Ministerio de Vivenda do Reino Unido, a adquisición de 263.000 vivendas en Inglaterra. O valor total dos préstamos ascendeu a case 18.000 millóns de euros e mobilizou no mercado inmobiliario compras por máis de 82.000 millóns de euros.

Fonte.- La Voz de Galicia