Os prezos de venda das vivendas en Santiago rexistran unha baixada segundo as inmobiliarias | Observatorio de Vivenda

Os prezos de venda das vivendas en Santiago rexistran unha baixada segundo as inmobiliarias

Os prezos de venda das vivendas en Santiago rexistran unha baixada segundo as inmobiliarias

A Asociación Galega de Inmobiliarias ( Agalín) publicou o seu barómetro trimestral sobre o mercado, no que sinala unha significativa tendencia á baixa nos prezos das vivendas, xa que boa parte das transaccións están a pecharse con contraofertas de ata un 20 % sobre o prezo inicial, sendo os axustes, maioritariamente, de en torno ao dez.

Ademais, a demanda baixa respecto ao trimestre anterior tanto en venda como en alugueiro. 

Outra das conclusións que se desprende do seu documento é que o interese por os espazos abertos consolídase, de forma que en Santiago, as vivendas unifamiliares e outros inmobles como os áticos con terrazas están a gañar un interese que antes non tiñan.

Fonte | La Voz de Galicia