Os prezos do alugueiro en Galicia aumentan un 31% nos últimos cinco anos segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Os prezos do alugueiro en Galicia aumentan un 31% nos últimos cinco anos segundo Fotocasa

Os prezos do alugueiro en Galicia aumentan un 31% nos últimos cinco anos segundo Fotocasa

Segundo o portal inmobiliario Fotocasa, os prezos do alugueiro en Galicia subiron un 31% nos últimos cinco anos, dez puntos menos que o recollido na subida media nacional.

Vigo é a cidade galega coa subida máis notable cun 41%, pasando de pagar de media 495 euros hai cinco anos a pagar 698 euros o pasado xuño. Séguenlle Lugo cun 35 % de subida no lustro, A Coruña capital cun 30 %, Ourense capital e Santiago cun 28 % ambas e Ferrol cun 26 % de subida no prezo do alugueiro.

No 2016 en Galicia pagábase un alugueiro de media de 449 euros ao mes e na actualidade chégase aos 587 euros ao mes de media.

 

 

Fonte | La Voz de Galicia