Os prezos do alugueiro en Galicia subiron un 8,4% interanual no mes de xullo segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Os prezos do alugueiro en Galicia subiron un 8,4% interanual no mes de xullo segundo Fotocasa

Os prezos do alugueiro en Galicia subiron un 8,4% interanual no mes de xullo segundo Fotocasa

Os prezos dos alugueiros en Galicia non deixan de encarecerse: recoñéceno quen trata de atopar vivenda e as estatísticas, pois entre xullo do ano pasado e este subiron os prezos de alugueiro en Galicia un 8,4%, de acordo cos últimos informes elaborados polo portal Fotocasa, unha tendencia que se explica polo aumento da demanda á vez que unha redución da oferta. 

Pontevedra sitúase como a cidade máis cara para arrendar, cun prezo medio que rolda os 9,95 euros por metro cadrado, o que supón case 800 euros ao mes por un piso de 80 metros cadrados. Na situación oposta atópase Ourense, cun prezo de 6,50 por metro cadrado. A media galega sitúase nos 8,56 euros.

O presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias conta que 'a dinámica de subidas está a relaxarse en Santiago e en Pontevedra, onde se expuxo unha regularización das vivendas de uso turístico (VUT)'. Isto mostra, segundo el, que mentres nunhas cidades a escalada nos prezos do alugueiro empézase a controlar nos prezos do alugueiro, noutras como o caso de Vigo e A Coruña segue crecendo.

Fonte.- ABC