Os propietarios de vivendas e edificios no Camiño de Santiago poderán optar a axudas de ata 25.000 euros para rehabilitación | Observatorio de Vivenda

Os propietarios de vivendas e edificios no Camiño de Santiago poderán optar a axudas de ata 25.000 euros para rehabilitación

Os propietarios de vivendas e edificios no Camiño de Santiago poderán optar a axudas de ata 25.000 euros para rehabilitación

A nova convocatoria das axudas de fomento e rexeneración urbana na Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago permitirá a propietarios particulares e comunidades de veciños acceder a subvencións de ata 25.000 euros por vivenda para financiar diferentes tipos de actuacións de rehabilitación de carácter residencial.

A nova orde de axudas foi convocada o pasado 22 de marzo cunha dotación orzamentaria de 1,3 millóns de euros. Así, con estes fondos poderanse acometer obras ou traballos de mantemento e intervención co fin de adecuar os edificios á normativa vixente, mellorar a eficiencia enerxética (instalacións térmicas, sistemas de captación de enerxía solar, iluminación, etc.) ou intervir sobre as condicións de accesibilidade dos inmobles (eliminación de barreiras arquitectónicas, execución ou adaptación dos baños, aseos, cociñas, etc.).

Os potenciais beneficiarios son tanto persoas físicas propietarias de edificios ou de vivendas unifamiliares, comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades que poderán solicitar as axudas correspondentes á convocatoria de 2021 ata o vindeiro 30 de setembro.

Fonte | Xunta de Galicia