Os veciños maniféstanse en contra da okupación de casas no Sacro Corazón | Observatorio de Vivenda

Os veciños maniféstanse en contra da okupación de casas no Sacro Corazón

Os veciños maniféstanse en contra da okupación de casas no Sacro Corazón

O sábado 28 de febreiro uns douscentos veciños do Sacro Corazón manifestáronse en contra dos okupas, que afecta o barrio nos últimos anos. Os veciños portaron unha soa pancarta, que encabezaba a marcha, baixo o lema Solucións á okupación. O acto, convocado pola asociación veciñal Porta de Lugo, contou co apoio dos concelleiros do equipo de goberno municipal Miguel Fernández e Ana González Abelleira e tamén de varios edís do grupo popular encabezados polo seu portavoz, Ramón Carballo, como Antonio Ameijide, Mar Carballas e Óscar Poy, así como do senador José Manuel Barreiro. Tamén asistiu o presidente da federación veciñal, Jesús Vázquez.

Fonte | El Progreso