Os visados de obra nova acadan a cifra máis alta dende 2009 | Observatorio de Vivenda

Os visados de obra nova acadan a cifra máis alta dende 2009

Os visados de obra nova acadan a cifra máis alta dende 2009

Segundo os datos pubicados esta semana polo Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda urbana oss visados de obra nova pecharo o ano 2021 con 108.318 unidades, o nivel máis alto dende 2009, cando se acadaron os 110.948 visados. Isto supón un incremento do 26,63% respecto do 2020, ano no que se rexistraron 85.535 visados. 

Do total dos 108.318 visados de 2021, 26.576 correspondéronse con vivendas unifamiliares, un 30,82% máis que o ano anterior, e 81.561 foron para vivendas, un 25,11% máis.

Así mesmo, concedéronse 181 visados de obra nova para outro tipo de edificios que non son nin vivendas unifamiliares nin en bloque. Representa un incremento deo 505,3% repecto do ano 2020, cando só se concederon 30 visados.

Se analizamos o conxunto do ano 2021, atopamos que o mes con máis actividade é setembro, con 11.517 visados, seguido de xullo con 10.336 visados. Análogamente, o peor mes foi agosto con únicamente 6.253 visados.

Finalmente, das estatísticas conclúese que a superficie media por vivenda foi de 192,6 metros cadrados no caso das vivendas unifamiliares e de 107,2 metros cadrados para as vivendas en bloque.

Fonte | Faro de Vigo