Os visados de obra nova aumentan un 11,7% en xaneiro, segundo os datos do Observatorio Industrial da Construción | Observatorio de Vivenda

Os visados de obra nova aumentan un 11,7% en xaneiro, segundo os datos do Observatorio Industrial da Construción

Os visados de obra nova aumentan un 11,7% en xaneiro, segundo os datos do Observatorio Industrial da Construción

Segundo os datos ofrecidos polo Observatorio Industrial da Construción, o número de visados de obra nova ascendeu un 11,7 % ata xaneiro, alcanzando a cifra de 9.430, mentres que o número total de visados de obra acumulados ata o primeiro mes de 2024 alcanzan os 11.496, aumentando un 10,2 % respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Estes datos están recompilados no Barómetro do Observatorio Industrial da Construción, que utiliza os datos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. 

Os rexistros sobre Rehabilitación aumentaron un 4% interanual. Doutra banda, as Reformas fixéronno nun 2%, ata situarse nas 1.843, e as Ampliacións rexistraron 223 visados, supoñendo un crecemento do 23,9%. As certificacións de fin de obra foron 5.950, rexistrando unha variación negativa con respecto ao mesmo período do ano anterior, do -21,3%.

As cinco Comunidades Autónomas que presentaron porcentaxes máis altas de crecemento anual no acumulado de visados de obra nova foron: Cataluña (118,3%), Aragón (115,9%), Asturias (109,2%), Galicia (93,3%) e Estremadura (71,3%). Pola súa banda, as comunidades que rexistraron descensos interanuais máis elevados foron A Rioxa (-93,6%), Cantabria (-20%), Baleares (-15%) e o País Vasco (-0,9%). 

Fonte.- Fundación Laboral