Ourense é a única cidade galega con máis vivendas baleiras que hai dez anos segundo Fegein | Observatorio de Vivenda

Ourense é a única cidade galega con máis vivendas baleiras que hai dez anos segundo Fegein

Ourense é a única cidade galega con máis vivendas baleiras que hai dez anos segundo Fegein

Segundo a Federación Galega de Inmobiliarias (Fegein) a cidade de Ourense é a única urbe galega na que aumentou o número de vivendas baleiras con respecto a 2011 así, conforme aos datos de Fegein, en 2021 habia na cidade 16.552 vivendas sen ocupar que son 1991 máis que hai 10 anos nas que contaba con 14.561.

No resto de urbes galegas o número de vivendas baleiras diminuíu respecto a hai unha década así A Coruña contaba no 2021 con 15.250 fronte ás 19.283  de 2011, Pontevedra pasou de 6886 a 5105, Lugo reduciu en 1630 os inmobles baleiros, Ferrol baixou en 883 o total, Vigo conta con 5402 menos e Santiago ten 2494 vivendas baleiras menos que hai dez anos, sempre tendo en conta os datos de Fegein.

Fonte.- La Región