Pablo Lorenzo-Eiroa, un dos maiores expertos do mundo en IA e arquitectura, ofrecerá unha conferencia na sede do COAG na Coruña | Observatorio de Vivenda

Pablo Lorenzo-Eiroa, un dos maiores expertos do mundo en IA e arquitectura, ofrecerá unha conferencia na sede do COAG na Coruña

Pablo Lorenzo-Eiroa, un dos maiores expertos do mundo en IA e arquitectura, ofrecerá unha conferencia na sede do COAG na Coruña

A Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará o vindeiro mércores, 19 de xullo, unha conferencia cun dos maiores expertos do mundo na área de coñecemento da arquitectura e Intelixencia Artificial (IA), o arquitecto arxentino, de orixe galega, Pablo Lorenzo-Eiroa.


A conferencia, organizada en colaboración coa Asociación cultural Flor de Santiago e Viñedo Lagar do Vento, será ás 19:00 horas na sede do COAG da Coruña (rúa Federico Tapia, 64).
Pablo Lorenzo-Eiroa é un arquitecto e docente con proxección internacional nos ámbitos da arquitectura, o urbanismo, a ecoloxía e a computación. Impartirá a conferencia titulada Arquitectura de Arquitecturas: Creación, feudalismo dixital e Intelixencia Artificial na que presentará os últimos avances das súas investigacións sobre tecnoloxías disruptivas e arquitectura recollidos no libro Digital Signifiers in an Architecture of Information: From Big Data and Simulation to Artificial Intelligence, recentemente publicado pola prestixiosa editorial Routledge (Londres, 2023).

Fonte.- Código Cero