A pandemia acelera a baixada de prezos da vivenda un -1,5% en España no terceiro trimestre de 2020 segundo o portal Fotocasa | Observatorio de Vivenda

A pandemia acelera a baixada de prezos da vivenda un -1,5% en España no terceiro trimestre de 2020 segundo o portal Fotocasa

A pandemia acelera a baixada de prezos da vivenda un -1,5% en España no terceiro trimestre de 2020 segundo o portal Fotocasa

En España o prezo da vivenda de segunda man experimenta no terceiro trimestre de 2020 unha caída trimestral do -1,5% e un descenso do -2,4% interanual, situando o prezo medio en 1.845 euros/m2, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. A caída do prezo interanual neste trimestre preséntase despois de tres anos seguidos con datos positivos neste período, 4,8% en 2017, 7,8% en 2018 e 2,3% en 2019. Así,  parece que no mes de setembro a pandemia comeza a ter máis incidencia nos prezos e comézanse a ver caídas máis xeralizadas e algo máis abultadas. De feito, este terceiro trimestre rompe coa tendencia alcista de prezos que se vira durante os últimos tres anos.

Nas Comunidades Autónomas este terceiro trimestre de 2020 preséntase con 14 caídas mensuais, 13 trimestrais e sete descensos interanuais. En canto ás Comunidades Autónomas con maior descenso trimestral, Castilla-La Mancha encabeza o ranking de setembro cun -3,8%. Síguenlle, Aragón (-3,7%), Castela e León (-2,6%), La Rioja (-2,2%), Cataluña (-1,9%), Andalucía (-1,3%), Rexión de Murcia (-1,3%), Galicia (-1,3%), Asturias (-1%), Extremadura (-0,9%), Canarias (-0,8%), Comunitat Valenciana (-0,7%) e Navarra (-0,03%). Porén, os prezos medios das vivendas no País Vasco (1,5%), Baleares (1,1%), Cantabria (1%) e Madrid (0,2%) son máis altos en setembro que fai tres meses (xuño de 2020).

As previsións do portal auguran que durante os últimos meses de 2020 seguirá habendo descensos en liña cos rexistrados estes meses pasados e incluso rexistraránse descensos un pouco máis acusados, entre un -3 e un -5% a nivel de España.

Fonte | Fotocasa