A pandemia dispara a demanda de casas a reformar, con máis de 7.000 á venda en Galicia | Observatorio de Vivenda

A pandemia dispara a demanda de casas a reformar, con máis de 7.000 á venda en Galicia

A pandemia dispara a demanda de casas a reformar, con máis de 7.000 á venda en Galicia

A pandemia en Galicia provocou un cambio nas demandas no mercado inmobiliario: aumentou o interese e por tanto tamén a oferta de vivendas unifamiliares a reformar ou rehabilitar á venda por toda a xeografía galega. Esto é debido fundamentalmente ao atractivo que teñen estes inmobles, os cales permiten fuxir da cidade e permiten teletraballar en espazos máis amplos e con zonas verdes.

Isto, a súa vez, disparou a carga de traballo de pequenas empresas que tras o estado de alarma facían números para afrontar a crise do coronavirus. Na actualidade están á venda en Galicia máis de 7.000 casas que necesitan unha reforma integral ou pequenas obras de mellora para entrar a vivir, un 20% máis que fai un ano, segundo datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein).

As provincias de A Coruña e Pontevedra concentran seis de cada dez casas a reformar ou rehabilitar á venda. No caso dos municipios coruñeses, a oferta deste tipo de inmobles alcanza os 2.500 (o 35,5% do total na comunidade), mentres que os concellos pontevedreses teñen colgado o cartel de "Véndese" en 1.800 vivendas que necesitan algún tipo de obra (o 25,5% de Galicia). En Ourense, están no circuito de comercialización 1.500 casas (21,3%) e en Lugo, son 1.250 (17,7%).

Con este cambio na demanda, faise imprescindible que os municipios dispoñan de boas conexións a Internet que lles permita traballar desde casa, así como servizos como guarderías, colexios, centros de saúde e infraestructuras e comunicacións adecuadas.

Fonte | La Opinión Coruña