A parcela do antigo colexio Peleteiro contará con vivendas de protección oficial | Observatorio de Vivenda

A parcela do antigo colexio Peleteiro contará con vivendas de protección oficial

A parcela do antigo colexio Peleteiro contará con vivendas de protección oficial

A parcela do antigo colexio Peleteiro, situado na cidade de  Santiago de Compostela é propiedad de Sareb (75 %) e dun fondo americano (25 %). A planificación está pendente de aprobación pero o reparto dos usos que se permitirán na parcela parece que están definidos. 

Un dos usos será residencial e contará cun 20 % de vivendas de protección oficial. Aínda non está definida a modalidade, poden ser pisos protexidos, pisos de aluguer a prezo taxado ou vivendas de aluguer para xóvenes, co obxectivo de cubrir as necesidades que existen hoxe en día na cidade de Santiago de Compostela. 

Sareb ten intención de promover o proxecto unha vez que a planificación estea aprobada. 

Fonte | El Correo Gallego