París sitúase entre as cidades máis cara para vivir segundo un informe elaborado por The Economist | Observatorio de Vivenda

París sitúase entre as cidades máis cara para vivir segundo un informe elaborado por The Economist

París sitúase entre as cidades máis cara para vivir segundo un informe elaborado por The Economist

Tel Aviv, París e Singapur son as cidades máis caras para vivir, segundo a enquisa de costes de vida elaborada por The Economist, e nela non aparece ningunha cidade española no top 10.

A tasa de inflación dos prezos aumentou un 3,5% interanual de media, a máis alta dos últimos cinco anos. Ademáis, os problemas de suministros, o tipo de cambio das divisas e a demanda cambiante dos consumidores foron as principais causas desta subida. A maior subida experimentouna a gasolina cun 21% de media.

O ranking cobre o análisis de máis de 200 bens e servizos sobre 173 cidades, 40 máis ca no último análisis. Para completar o top 10, Zurich figura na cuarta posición, seguida de Hong Kong, Nova York, Xinebra, Copenhague, Los Ángeles e finalmente Osaka. Entre as 173 cidades destaca o caso de Roma, pois caeu do posto 32 ó 48, debido a baixada nos prezos dos alimentos e a roupa. Pero aínda segue sendo unha das cidades do mundo ca gasolina máis cara, con 1,98 dólares de media (1,75 euros). Análogamente, Teherán foi a cidade onde o coste da vida experimentou a subida máis forte, pasando do posto 79 ao 29.

Fonte | Idealista