A patronal inmobiliaria galega alerta sobre os riscos da compra de vivendas con okupas no seu interior | Observatorio de Vivenda

A patronal inmobiliaria galega alerta sobre os riscos da compra de vivendas con okupas no seu interior

A patronal inmobiliaria galega alerta sobre os riscos da compra de vivendas con okupas no seu interior

As gangas foron, ata o de agora, protagonizadas por inmobles que os propietarios queren desfacerse deles por ser herdanzas que só lles xeraban gastos ou por necesidades de liquidez inmediata. Na actualidade, estes choios débense a ofertas de vivendas con okupas no seu interior; esta práctica foi destapada polo Faro de Vigo a semana pasada despois de constatar que unha promotora das Illas Baleares ten publicados dez pisos e dúas casas con inquilinos irregulares en Vigo.

Desde a patronal galega claman contra estas operacións e avisan dos perigos que supoñen para os novos propietarios, sendo superiores ás vantaxes que achegan. É unha problemática que empeza a normalizarse e que non debería cronificarse

Fonte.- Faro de Vigo