A pesar da subida de alugueiros e hipotecas, os desafiuzamentos descenden | Observatorio de Vivenda

A pesar da subida de alugueiros e hipotecas, os desafiuzamentos descenden

A pesar da subida de alugueiros e hipotecas, os desafiuzamentos descenden

Polo momento, a pesar da forte subida dos prezos dos alugueiros e o encarecemento das cuotas das hipotecas variábeis, os lanzamentos que se realizaron entre xullo e setembro situáronse en 5.474, un 26% inferior ao mesmo periodo do ano anterior, segundo as cifras recollidas polo Consello Xeral do Poder Xudicial. 

O 76,3% dos lanzamentos (4.178) foron consecuencia de procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU), mentres que o 17,6% restante (963) derivouse de execucións hipotecarias. Outros 333 lanzamentos practicados no período analizado obedeceron a outras causas. A cifra de desafiuzamentos por impago de hipotecas tamén descendeu un 37,1% en relación ao mesmo trimestre do ano anterior.

En Galicia, foron 303 os lanzamentos realizados, mentres que 103 deles foron consecuencia de execucións hipotecarias.

Fonte.- La Voz De Galicia