Polo menos 120 concellos son susceptibles de ser zonas tensionadas de vivenda | Observatorio de Vivenda

Polo menos 120 concellos son susceptibles de ser zonas tensionadas de vivenda

Polo menos 120 concellos son susceptibles de ser zonas tensionadas de vivenda

Polo menos 120 dos 313 concellos de Galicia encaixan nos criterios recolleitos na nova lei de vivenda para declarar zonas tensionadas, segundo os estudos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Infraestruturas. Entre eses concellos figuran as sete grandes cidades galegas e a práctica totalidade dos municipios da súa contorna inmediata, pero tamén figuran concellos pequenos como Begonte, Cospeito, Coles ou Láncara. Outros 16 concellos rozan os criterios para entrar na listaxe.

Fonte.- La Voz de Galicia