Pontevedra é a cidade galega con menor oferta de alugueiro e a terceira con maior prezo, segundo o INE | Observatorio de Vivenda

Pontevedra é a cidade galega con menor oferta de alugueiro e a terceira con maior prezo, segundo o INE

Pontevedra é a cidade galega con menor oferta de alugueiro e a terceira con maior prezo, segundo o INE

Segundo os últimos datos publicados polo INE, Pontevedra é actualmente a cidade galega con menor oferta de vivenda en alugueiro e a terceira cos alugueiros máis caros de Galicia. É ademáis a capital de provincia galega onde máis aumentou o prezo da vivenda usada en 2023, mentres que a vivenda nova aumentou ata catro veces máis que a media galega o ano pasado. Segundo estes datos, os pontevedreses terían que destinar de media 5,6 anos do seu salario neto para poder adquirir unha vivenda, ocupando o posto 74 entre os 8.132 municipios de España con maior esforzo económico para acceder a unha vivenda.

No mes de xaneiro, os arrendadores de vivenda depositaron en A Coruña un total de 265 fianzas para rexistrar un contrato de alugueiro, mentres que en Vigo ingresáronse 229. En Santiago de Compostela, Ourense e Lugo tamén se asinaron máis convenios de alugueiro que en Pontevedra, preto da centena. Mentres o prezo aumenta e as vivendas dispoñibles escasean, cada vez son máis as vivendas de uso turístico, tamén á alza en Pontevedra. Fai menos de cinco anos, en 2020, o IGE catalogaba 147 pisos deste tipo a beiras do Lérez, e agora son o triplo: 457 vivendas. A progresión do número de vivendas de uso turístico vai en sentido oposto á oferta en alugueiro tradicional de longa duración.

Os pisos de alugueiro teñen na cidade de Pontevedra un custo media de 595 euros, só por detrás da Coruña e Vigo, que superan os 600 euros. En canto ao prezo por metro cadrado, Pontevedra, con 5,69€/m2 cos datos de xaneiro, pasa a ser a cuarta, sendo adiantada por Santiago de Compostela, cun custe medio por metro cadrado de 6,43€/m2. As cidades con maior prezo por metro cadrado seguen sendo A Coruña e Vigo pasando dos 7€/m2. 

Fonte.- Faro de Vigo