Pontevedra é a provincia galega na que máis baixou a compra de vivendas | Observatorio de Vivenda

Pontevedra é a provincia galega na que máis baixou a compra de vivendas

Pontevedra é a provincia galega na que máis baixou a compra de vivendas

Pontevedra é a provincia galega na que máis baixou a compravenda de vivendas no terceiro trimestre do ano con respecto ao mesmo período de 2019. Así o mostran os datos de transmisión de dereitos da propiedade publicados polo Instituto Nacional de Estatística, segundo os cuais entre xullo e setembro vendéronse no territorio provincial 1.139 pisos e casas, o que supón un 16,3% menos que nos mesmos meses do ano pasado. Esta caída está máis de cinco puntos por encima da media autonómica, tendo en conta que no conxunto de Galicia o descenso foi do 11% (máis pormenorizadamente, en A Coruña vendéronse un 13% menos de vivendas e en Lugo e Ourense a porcentaxe subiu un 3% en cada caso).

No caso de Pontevedra non foi unha excepción con respecto á realidaede do resto do Estado e, se nos primeiros tres meses de 2020 vendéronse na provincia 1.468 pisos ou casas, nos tres seguintes (coincidindo coa alarma sanitaria e o confinamiento) o total caiu a 961. 

Con todo, o terceiro trimestre non conseguiu achegarse aos niveis doutros anos e é a vivenda usada a que experimentou o maior batacazo: só 212 operacións de transacción en toda a provincia entre xullo e setembro, o que supón un 24% menos que no mesmo período de 2019. No caso de inmobles usados, a caída no territorio provincial foi do 14,3%.

Con respecto aos alugueiros, un informe elaborado polo portal inmobiliario Fotocasa.es sinala que este mercado tamén experimentou un descenso. Non obstante, precisa que os tramos de idade máis xóvenes teñen a mirada máis positiva e a Covid-19 provocou que se valoren máis as vantaxes de alugar en termos de flexibilidade e mobilidade.

Fonte | Diario de Pontevedra