Pontevedra e Sanxenxo acaparan o 70% das vivendas vendidas na comarca na última década | Observatorio de Vivenda

Pontevedra e Sanxenxo acaparan o 70% das vivendas vendidas na comarca na última década

Pontevedra e Sanxenxo acaparan o 70% das vivendas vendidas na comarca na última década

O retroceso da última década no mercado inmobiliario non afecta de igual maneira a todas as comarcas: Pontevedra e Sanxenxo mostran moito maior dinamismo inmobiliario que outras zonas xa que acaparan o 70% das vivendas vendidas na comarca na última década. No caso de Pontevedra, a razón principal é que é a cidade central do territorio, e no caso de Sanxenxo a razón principal é a súa potente actividade turística e de segundas residencias.

Así, en todo 2020, o ministerio rexistrou no catorce municipios da comarca un total de 1.267 transaccións inmobiliarias rexistradas ante notario e de todas elas, 544 corresponderon a Pontevedra e outras 259 a Sanxenxo. Marín aparece en terceiro lugar, con 136, por diante dos 124 casos de Poio.

De feito, os datos da última década apoian as cifras do 2020: desde 2012 até agora, en toda a comarca vendéronse 10.675 pisos ou casas, das que 4.869 corresponden a Pontevedra e outras 2.615 a Sanxenxo, sumando 7.484 operacións, o 70% do total do territorio pontevedrés analizado. 

Fonte | Faro de Vigo