Pontevedra reduce un cuarto a súa actividade inmobiliaria mensual dende Xaneiro | Observatorio de Vivenda

Pontevedra reduce un cuarto a súa actividade inmobiliaria mensual dende Xaneiro

Pontevedra reduce un cuarto a súa actividade inmobiliaria mensual dende Xaneiro

Nos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) esta semana, apréciase un descenso da compravenda de vivendas na cidade de Pontevedra. Entre xaneiro e setembro, a actividade inmobiliaria reduciuse un 25 por cento. Das 520 transaccións levadas a cabo no primeiro mes do ano, sucédese unha progresiva redución ata acadar as 399 transaccións no noveno mes. As vivendas de nova construción foron as máis afectadas, cunha redución das compras do 45 por cento.

Fonte.- Diario de Pontevedra