Pontevedra reservará un 11,8% de solo edificable para vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

Pontevedra reservará un 11,8% de solo edificable para vivendas protexidas

Pontevedra reservará un 11,8% de solo edificable para vivendas protexidas

Os concellos reservarán para vivenda protexida este ano unha media do 6,4% do seu terreo edificable. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), que plasma a ratio correspondente a cada un dos municipios con máis de 5.000 habitantes.

Vigo é o concello ao que se lle fixa a maior esixencia, cunha reserva de solo do 18,8%, seguida de Pontevedra co 11,82%. Tamén superan o 10% Brión (10,8%) e Lugo (10,3%).

Na maioría dos municipios a porcentaxe aplicable queda establecida na media do 6,4%, aínda que da fixación dunha porcentaxe para dedicar a vivenda protexida quedan exentos os concellos cuxo padrón fose inferior aos 5.000 veciños no momento no que aprobaron o seu plan xeral de ordenación urbanística e sempre e cando este documento non conteña previsión para novos desenvolvementos en solos clasificados como urbáns non consolidados e urbanizables que na totalidade do concellos superen as 300 vivendas.

Fonte | Diario de Pontevedra