Prataforma constructora reclama ao novo Goberno facilidades para as rehabilitacións | Observatorio de Vivenda

Prataforma constructora reclama ao novo Goberno facilidades para as rehabilitacións

Prataforma constructora reclama ao novo Goberno facilidades para as rehabilitacións

A Asociación Nacional de Distribuidores de Cerámica e Materiais de Construción (ANDIMAC), concedeu unha entrevista para o portal inmobiliario o Idealista para recramar maior apoio do novo Goberno ao sector residencial. Consideran que no novo acordo de Goberno faltan "medidas concretas" para solucionar os problemas, aínda que agradece que o novo executivo puxese o foco sobre o mercado das vivendas.

A primeira proposta por parte da asociación é a de introducir deducións no IRPF por obras de reforma, co fin de incentivar os cambios necesarios cara a modelos sustentables, como fixeron previamente outras nacións europeas. Tamén propón solucións para atacar a economía mergullada (aplicación dun IVE reducido), ou dignificar o emprego do sector, pois cada vez menos novos están interesados en desenvolver estes empregos.

Dende a Asociación achegan o seguinte dato: o 80% dun parque de vivendas de 25 millóns de casas ten máis de 30 anos e en España só se rehabilitan 40.000 unidades aos anos, un 0.16% do total. Non só reclaman un plan para modernizar o parque, senón tamén difundir técnicas para a realización de obras de forma eficiente (menor intensidade no uso da auga, ruídos...).

Fonte| Idealista