Preferencia pola vivenda en propiedade en España | Observatorio de Vivenda

Preferencia pola vivenda en propiedade en España

Preferencia pola vivenda en propiedade en España

Arredor do 75% das vivendas en España son en propiedade segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), aínda que tamén podemos atopar Comunidades Autónomas por enriba desta cifra coma Galicia cun 80,5% ou La Rioja cun 81,6%.

Segundo un estudo de Asprima hai máis predisposición á compra dunha vivenda que á opción do alugueiro, principalmente por consideralo unha inversión a longo prazo ou polos baixos tipos de interese nas hipotecas.

Por outra banda, a media nacional de alugueiro é do 14,7%, situándose por enriba desta cifra Cataluña cun 21% ou a Comunidade de Madrid cun 18,5% segundo o INE. O principal atractivo do alugueiro é a posibilidade de cambiar máis adiante de vivenda.

 

Fonte | Observatorio de la Vivienda- El Español