Preocupación en Santiago polo incremento nos prezos de aluguer | Observatorio de Vivenda

Preocupación en Santiago polo incremento nos prezos de aluguer

Preocupación en Santiago polo incremento nos prezos de aluguer

Os datos das vivendas disponibles para aluguer en Santiago durante o último mes de abril son demoledores. Dun total de 870 inmobles, só 160 están dispoñibles para alugueiro tradicional, correspondendo o resto deles a alugueiro vacacional e oferta turística.

Esta situación, unida á importante demanda cíclica na zona de Santiago debido á posición da capital galega como receptor de estudantes, podería supor un incremento de aproximadamente 200 euros no prezo do aluguer, á espera de coñecer que pasará coa obligatoriedade de obter a licenza municipal para ofertar estas vivendas como alugueiro turístico.

Fonte.- El Correo Gallego