Preséntase en España a DGNB System ES, a ferramenta europea para a certificación sustentable de edificios | Observatorio de Vivenda

Preséntase en España a DGNB System ES, a ferramenta europea para a certificación sustentable de edificios

Preséntase en España a DGNB System ES, a ferramenta europea para a certificación sustentable de edificios

O pasado mes de decembro tivo lugar a presentación oficial online desta ferramenta internacional adaptada á realidade española do sector: a certificación alemá ‘DGNB System’ chega a España da man de Green Building Council España (GBCe) tras o acordo alcanzado con DGNB, o Green Building Council alemá.

‘DGNB System´ permite avaliar e certificar a sustentabilidade de edificios e distritos, sempre baixo as normas e os estándares europeos. Con este sistema, xa se certificaron 7.000 edificios dende 2009, principalmente en Alemaña e se pretende seguir este camiño en España tamén.

Para que este sistema sexa implementado en cada país, require dunha adecuación ás súas respectivas condicións climáticas, normativas, económicas e culturais; unha labor na que leva traballando GBCe a través de varios edificios piloto dende que se firmara o convenio con DGNB en 2019. Un ano despois, esta adaptación chega a España co obxectivo de alcanzar un entendimento común europeo en materia de certificación de edificios e na unificación de criterios por parte das distintas ferramentas que conviven no continente.

Fonte | Interempresas