Prevense axudas de ata 50.000 euros por piso a promotores que constrúan para alugar | Observatorio de Vivenda

Prevense axudas de ata 50.000 euros por piso a promotores que constrúan para alugar

Prevense axudas de ata 50.000 euros por piso a promotores que constrúan para alugar

Os incentivos para os promotores privados que constrúan vivendas para o mercado do alugueiro, unha ampliación do monto das axudas a arrendatarios con especial dificultade para acceder a un teito e incentivos fiscais para favorecer a compra de construcións para rehabilitar. Son os tres flancos nos que a Xunta actuará en 2024 en materia de vivenda, segundo explicou onte o presidente, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do Consello, que revisou un informe no que a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Vivenda marca os camiños para o próximo ano. A previsión é impulsar 20 liñas de incentivos e programas cun orzamento de 56 millóns de euros ampliables para achandar a compra, o alugueiro e apoiar a particulares, comunidades de veciños e concellos en rehabilitacións. A maiores, a Xunta prevé dispoñer doutros 24 millóns de fondos europeos que o Goberno central non repartiu aínda.

Fonte.- Galiciaé