Previsión dos prezos do mercado inmobiliario español no 2020 | Observatorio de Vivenda

Previsión dos prezos do mercado inmobiliario español no 2020

Previsión dos prezos do mercado inmobiliario español no 2020

Segundo os distintos especialistas consultados polo diario 5 Días, o mercado inmobiliario encamíñase a unha etapa de moderación dos prezos. Pero esta moderación terá lugar de xeito no homoxéneo, pois haberán discrepancias tanto territoriais coma diferenzas nos prezos de compravenda e alugueiros. Esta moderación afectará, en maior medida, aos prezos de compravenda.

O ano 2019 rematou co prezo máximo histórico do alugueiro no país, e ata 7 Comunidades superan os prezos da burbulla. No outro lado, os prezos de compravenda están aínda lonxe dos máximos históricos, un 38 % máis baixos actualmente. 

As estimacións feitas evidencian estas tendencias. Para o prezo dos alugueiros espérase un crecemento nacional medio do 5,1 %, polo 2,9 % do crecemento esperado para as compravendas.

Fonte| 5 días