As previsións de Bankinter para o ano que vén apuntan a unha baixada do prezo da vivenda do 2% | Observatorio de Vivenda

As previsións de Bankinter para o ano que vén apuntan a unha baixada do prezo da vivenda do 2%

As previsións de Bankinter para o ano que vén apuntan a unha baixada do prezo da vivenda do 2%

As previsións publicadas o venres pasado por Bankinter apuntan a un respiro no prezo da vivenda o próximo ano, cunha caída de ata o 2%, pero que 'será meramente conxuntural', pois a partir de 2025 volverán á senda do crecemento, cun repunte estimado de polo menos o 1%. 

Para ese momento espérase que o Banco Central Europeo podería empezar a baixar os tipos de interese, polo que o euribor a 12 meses baixaría desde o 4,1% actual ata o 3,4%. Anteriormente, prevíase que os prezos da vivenda ían sufrir unha caída do 3%, agora o banco prevé un incremento do 1,2% durante este ano. 

A pesar desta senda de crecemento, a entidade bancaria descarta por completo unha burbulla inmobiliaria e aseguran que a accesibilidade a un piso mantense en liña coa medida histórica, pero tambien recoñecen as zonas onde hai máis ofera por maior concentración da poboación.

Fonte.- Cinco Días