A primeira Área de Rehabilitación ARI de Ponteareas inclúe a máis de 500 vivendas | Observatorio de Vivenda

A primeira Área de Rehabilitación ARI de Ponteareas inclúe a máis de 500 vivendas

A primeira Área de Rehabilitación ARI de Ponteareas inclúe a máis de 500 vivendas

O Consello da Xunta aprobará a primeira Área de Rehabilitación Integral de Ponteareas, que afecta a 518 vivendas nunha zona de 92.872 metros cadrados. A proposta parte dunha solicitude do goberno local de Ponteareas e abarca parte do ámbito urbano municipal organizado ao redor da Praza Maior e da Praza de Bugallal, e na que se inclúen a zona vella e, a maiores, algunhas edificacións contiguas ao mesmo.

A nova ARI comprende finalmente 518 vivendas, distribuídas en 74 edificios residenciais e 133 unifamiliares, que requiren dalgún tipo de intervención rehabilitadora, en maior ou menor grao. Así, segundo un informe que se presentará ao Consello, a contorna urbana da zona vella de Ponteareas e, en particular, o asentamento orixinal do municipio, atópase altamente degradado, con numerosas vivendas desocupadas e nun deficiente estado de conservación.

O custo estimado polo concello das actuacións de rehabilitación residencial necesarias neste ámbito ascende a 45,89 millóns de euros, unha contía á que habería que sumar 4,9 millóns destinados as obras de reurbanización, algunhas das cales xa están en marcha ou en trámite. É dicir, que o investimento total que se prevé mobilizar na zona é de 50,85 millóns de euros.

Fonte | Faro de Vigo