Programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social. Xunta de Galicia

Programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social. Xunta de Galicia

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular a xestión do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro), para promotores públicos e privados, distintos do IGVS, que se tramitará co código de procedemento VI406J.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2023.

3. A concesión das subvenciones recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Máis información