Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación. Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación. Xunta de Galicia.

Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación. Xunta de Galicia.

 

Prazo de presentación: ABERTO 17/05/2022 - 30/11/2022

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axuda á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro de 2021) para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

2. A concesión das subvenciones recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 54 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Actuacións subvencionables

1. Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:

a) A emisión do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).

b) A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B).

2. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

3. As actuacións subvencionables por este programa están suxeitas ao cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH polas súas siglas en inglés) estando suxeitas ás disposicións europeas e nacionais que o regulan e, especificamente, ao disposto no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021 e no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xuño de 2020, e de acordo coa Guía técnica da Comisión Europea (2021/C 58/01) sobre a aplicación deste principio.

 

Requisitos

1. Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar rematados antes do ano 2000.

b) Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

2. Os dous requisitos antes citados poderanse acreditar mediante escritura, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.

 

Fonte.- Xunta de Galicia