Programa de mobilización de vivendas para o alugamento. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Programa de mobilización de vivendas para o alugamento. Xunta de Galicia

Programa de mobilización de vivendas para o alugamento. Xunta de Galicia

Prazo de Presentación: 04/10/2022 - 31/12/2025

O obxecto desta resolución é regular o Programa de mobilización de vivendas para o alugamento (en diante, PMVA), co que se pretende mobilizar o meirande número posible de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación, a un prezo accesible,
ao mercado de alugamento.

Regúlase a participación das entidades colaboradoras na súa implementación e xestión, os requisitos que deben cumprir, tanto as vivendas que se pretendan incorporar, como as persoas que queiran ser arrendatarias, así como os demais elementos do programa. A solicitude para a participación como persoa ou entidade colaboradora no desenvolvemento deste programa deberá realizarse por medios electrónicos, dada a cualificación e requisitos exixidos para estes efectos.

Máis información