A promotora da Sareb quere construír 40 pisos turísticos e un gran centro comercial na leira do Peleteiro en Santiago | Observatorio de Vivenda

A promotora da Sareb quere construír 40 pisos turísticos e un gran centro comercial na leira do Peleteiro en Santiago

A promotora da Sareb quere construír 40 pisos turísticos e un gran centro comercial na leira do Peleteiro en Santiago

Case 24 anos despois de que comezase a coñecida como operación Peleteiro, o Concello de Santiago analiza a solicitude de licenza remitida por Arqura Homes (a promotora da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria, Sareb). O proxecto para a leira onde se asentaba o colexio privado contempla a creación de 40 apartamentos turísticos e un gran centro comercial de cinco plantas e máis de 11.000 metros cadrados de superficie. A Sareb insiste en que a súa intención é sacar adiante este proxecto e descarta entregar o inmoble ao Concello como reclama o Executivo de Goretti Sanmartín. 

Fonte: El Correo Gallego