A promotora galega Aberconsa inviste 10 millóns no mercado inmobiliario de Vigo | Observatorio de Vivenda

A promotora galega Aberconsa inviste 10 millóns no mercado inmobiliario de Vigo

A promotora galega Aberconsa inviste 10 millóns no mercado inmobiliario de Vigo

A empresa de orixe ferrolán, Aberconsa, con sede en A Coruña, acaba de iniciar proxectos de investimento en Vigo por valor de 10 millóns de euros. Os proxectos supoñen a incorporación dunhas 50 vivendas ao mercado inmobiliario vigués, tanto novas como rehabilitadas. O bloque máis avanzado en canto á construción é o da Travesía de Vigo, composto por 24 vivendas e que supuxo un investimento de máis de 3 millóns de euros, estímase poderían finalizar as obras nun prazo dun ano. Sen embargo, non é o único, diferentes proxectos en toda a cidade que superan as 40 vivendas estanse levando a cabo e contan xa con licencia municipal, actividades que mostran a tendencia positiva do mercado inmobiliario na cidade galega.

Fonte.- Faro de Vigo