A promotora inmobiliaria Quabit prevé unha caída do 7% do prezo da vivenda de segunda man e estabilidade na obra nova | Observatorio de Vivenda

A promotora inmobiliaria Quabit prevé unha caída do 7% do prezo da vivenda de segunda man e estabilidade na obra nova

A promotora inmobiliaria Quabit prevé unha caída do 7% do prezo da vivenda de segunda man e estabilidade na obra nova

A vivenda de obra nova resistirá mellor á crise do coronavirus que a de segunda man. É o pronóstico da promotora inmobiliaria Quabit, que anticipa un axuste dos prezos da vivenda usada de entre o 6% e o 7% en 2021 debido principalmente a que a oferta posta no mercado crecerá e á necesidade que terán moitos propietarios de vender. Polo contrario, o prezo da vivenda de primeira man apenas sufrirá cambios, debido ao entorno de tipos baixos de interese e ao volume moderado da oferta.

Polo momento, o último Índice de Prezos da Vivienda publicado polo Instituto Nacional de Estadística (INE) confirma que os prezos das viviendas de nova construcción están en niveis récord: subiron un 7,5% interanual entre xullo e setembro, o que supón o maior aumento dende o primeiro trimestre de 2019. En canto á vivenda de obra usada aumentou un modesto 0,8% no mesmo espazo de tempo, marcando a taxa máis baixa dos últimos seis anos. 

Fonte | okdiario