A promotora Pirsa investirá 4,4 millóns de euros en vivendas en O Burgo | Observatorio de Vivenda

A promotora Pirsa investirá 4,4 millóns de euros en vivendas en O Burgo

A promotora Pirsa investirá 4,4 millóns de euros en vivendas en O Burgo

O Grupo Pirsa construirá un novo edificio en O Burgo, no cal investirá pouco máis de 4,4 millóns de euros (en concreto, 4.483.359 euros), co que aumentará o parque inmobiliario da zona en 44 vivendas e estará situado en dous solares situados entre a Rúa Martín Códax e a praza da Santiña. O proxecto tivo que superar varios informes, varios deles da Xunta, en concreto, o da Dirección Xeral de Patrimonio e do Xacobeo. De feito, a promoción foi obxecto de escavacións arqueolóxicas pola súa proximidade aos bens de orixe medieval na cidade, como a ponte do Burgo.

O inmoble ocupará terreos próximos a unha zona de paso obrigado para peregrinos, que no seu periplo a Santiago pasan pola Santiña. Esta rúa será obxecto dunha inminente reforma integral por parte do Concello, que adxudicou esta humanización á firma Civis Global por algo máis de 1,8 millóns de euros. Estes traballos empezarán o mes que vén.

Fonte.- Diario de Pontevedra